Vocabulario Cabaqueiro.

Por José de la Santísima Trinidad.

(A)

Abicancano. Tella torta posta polo tendedor na eira. E tamén a tella torta que sae do forno. E tamén se lle di, a unha cousa mal feita, iso e un abicancano.

Acha. Formal. Unha ferramenta usada polo tendedor.

Adejudas. Chave da porta. Calquera chave. Exemplo: Non pariñei na ciba , porque pariñaba sen a dejudas. Non entrei na casa porque non tiña a chave.

Adoscicos. Pía, poceira. Exemplo: O cabaqueiro pariña na doscicos a galdruxar os calcos. O telleiro está a lavalos pes na pía.

Aguzar. Ver, Mirar. Tamén se di. Alupar. Exemplo: Aguza para o cata cos bragestos esnirzados. Mira para o paisano cos pantalóns estragados. De fusca non se alupa – non se azuza-, Denoite no se mira -non se ve-.

Alambrar. Marchar. Exemplo: Como agucei que non pariñaba alambrei. Como mirei que non viña marchei.

Alixir. Fuxir. Exemplo: Pariñei a sisar nas caias, pariñou o orgina alixin. non me pescou. Fun roubar uvas, veo o amo e fuxín, non me cólleo.

Alixiu. Fuxiu,

Alocar. Meter. Exemplo: Aloqueille unha bola o cata. Aloqueille un lurio nos cirriolos do cata. Metínlle unha mentira o paisano. Metinlle unha pedra no peto do pantalón do . amigo.

Alombar. Cargar, cargar as costas, cargar o lombo. Exemplo: O daorde cando pariñaba carillas na cabaqueira alombaba co muñico o lombo cargado de xunca. Eu cando era rapaz na telleira cargaba co cesto o lombo cargado de barro.

Alumbrar. Bater, castigar. Exemplo: Alumbreille cun caxato o cata. Alumbreille cun toupo o tisco. Batinlle cun pao o paisano. Tireille un ladrillo o can.

Anocallado. Feo, malo. Exemplo: Non pariñei no lasqueo, pariñaba anocallado. Non fun o traballo, estaba malo.

Alombarse. Deitarse. Exemplo: Pariñaba con garulla de cucar e alombeime. Tiña ganas de durmir, tiña sono e deiteime. a durmir.

Anciñar. Apañar, coller. Exemplo: Agucei unha gicheria de chamiza e anciñeina. Mirei unha pouca de leña e collina.

Alupar. Ver Mirar. (Xa se falou)

Atriscar. Oír, Escoitar. Exemplo: O cata non atisca pariña mouquela. O paisano non oe, e xordo.

Atoubanetras. Mandil. Exempolo: Cálloa pariña pariña co atoubanatras, senón enlórdaste. Muller pon o mandil se non mánchaste.

Azoutar. Dar. Exemplo: Pariñaba con garulla, pedín gito e non mo azoutaron.-Azouteille murcideira pirria o tisco. Tiña fame pedín pan e non mo deron. –Deille comida mala o can.

(B)

Batín. Gato. Exemplo: O batín pesca liróns. O gato caza ratos. Tamén se lle di o paisano. Pariña o batín. Pariña o cata. Está o paisano.

Bandalla. Camisa. Roupa interior.Exemplo: A cálloa pariña na boreteira a galdruxar nas bandallas do cabaqueiro. A muller esta na fonte a lavarlle a muda do telleiro..

Baloca. Pataca. Exemplo: As balocas son xidas para murcir. As patacas son boas para comer.

Baleque. Tabaco. Exemplo: O daorde cando pariñaba nenzo chamborreaba. Eu cando era mozo fumaba. O baleque e pirrio para a saúde. O Tabaco e malo para a saúde.

Bedello. Alcalde. Exemplo: O bedello e xido para o vilache. O alcalde e bo para o pobo. O bedello galrrua xido cos catas. O alcalde fala moi ben cos veciños.

Belbo. Cabalo. Xecla. Egoa. Exemplo: O cabalo e xido para o lásqueo. A silga do belbo e xida para murcir. O cabalo e bo para traballar. A carne do cabalo e boa para comer.

Beta. Cerullo. Medo. Exemplo: O daorde non zanquea de fusca, pariña con cerullo-beta-. Aquel non anda de noite, ten medo.

Bigio. Ollo. Exemplo: Pariño cos bigios esnorzados non aguzo sido. Estou cos ollos malos e no miro ben.

Boreta . Auga. Exemplo: A boreta e xida para galdruxar a xaranta. A auga e bos para lavar a cara.

Boreteira. Fonte, Exemplo: O carilla pariña na boreteira, con boreta para mougear. O rapaz vai na fonte buscar auga para beber.

Boreteiro. Río. Rego. Exemplo: As cálloas pariñan no boreteiro a galdruxae nas bandallas dos cabaqueiros. As mulleres están no río a lava-la roupa dos telleiros.

Bola. Milleira. Mentira. Exemplo: Aloqueille unha bola – milleira- o cata. Metinlle unha mentira o paisano-.

Boias. Tetas.Exemplo: Das boias da giñeira pariña o darxena para o chirigoto. Das tetas da vaca sae o leite para o crío.

Burreiro. Caspe, Gollete, Uz, Billiz. Cu. Decia. Indalecio do Jaino nunha festa cando andaba a bailar cunha moza. Daorde alocalle a goucha no cuspidor das maravallas a nenza. Ti. mételle as mans no cu a moza.

Burel. Touciño. Exemplo: O choco pariña xido se selle couta burel e zarabetos. O caldo e bo de se lle bota touciño e freixós.

Buxa. Orgina. Amo, Dono. Exemplo: O orgina pariña xido pero chaspea gichería. O amo e bo pero paga pouco. O buxa zouta gichería de murcir.O amo da pouco de comer.

Bragesto. Calzón, Braga.Exemplo: O daorde zurrou nos bragestos. Eu,Ti, El. Cagou nos calzóns

(C)

Cacaruxa . Cacaruxo. Galiña, Galo.Exemplo: A cacaruxa Tanxica xemarros. O cacaruxo gorxea xido. A galiña pon ovos. O galo canta ben.

Cachiza. Carillas. Rapaz. Exemplo: O carillas – o chachiza- na cabaqueira pariñaba a tanxica-la murcideira. O rapaz na telleira facía a comida.

Caldear. Cocer Quentar. Temen se lle di o que ten sono,ou esta a durmir. Pariña na calda.

Cálloa. Cálleo. Esposa. Marido. Exemplo: A cálloa lásquea na ciba. O cálleo pariña cos lerxes. A muller traballa na casa o home tráelle os cartos.

Canafurada. Escopeta. Fusil. Exemplo: O cata pescou a canafurada e esnorzou un rabete. O veciño cólleo a escopeta e matou un coello.

Canalear. Mexar. Exemplo: O daorde –este, aquel, ou o outro- canaleou na piltra. Aquel mexou na cama.

Carillas. Neno, Rapaz..

Calcos . Pes.

Calabrote. Cadáver, Morto.Exemplo:A choca da caicoa tocaba a calabrote. A campá de igrexa tocaba a morto.

Calcuiño. Deus. Exemplo: Zurrarse no calcuiño. Blasfemar.

Caxato. Pao, Verga, Vara. Exemplo: O caxato dos giñeiros. A vara dos bois.

Cata . Paisano, Individuo.

Catinga. Cheiro, Olor. Exemplo: A lorda catinga, a ñaña catinga. A merda fede.O lixo da mal olor.

Catalinas. Purgacións Enfermidades venéreas.

Candiles Tellas tortas, que sen do forno.

Cabaca . Cabaqueiro. Tella , telleiro.

Caias. Uvas. Exemplo: Das caias tanxicase a mouga ea gañarra. Das uvas faise o viño mailo agárdente.

Cegas. Sardiñas. Exemplo: As cegas chamuscadas pariñan xidas con mouga e jito de zaburro. As sardiñas asadas son boas con viño e pan da millo.

Ceifa. Temporada, Tempo. Exemplo: A ceifa do cabaqueiro, era de cinco meses. A temporada dun telleiro era de cinco meses.

Cerullo. Medo. (Xa se falou en Beta.)

Ciba. Casa. Exemplo: Pariña unha corxada moi xida sin ciba. Hai moita xente que non ten casa.

Cico. Porco. Cocho. O cico pariña con silga e burel. O porco ten touciño e carne.

Cilardo. Cipote. Carallo. Pene.

Cilga. Pulga. Exemplo: As cilgas na cabaqueira de fusca quillabanlle a cucadeira os ferretes.As pulgas na telleira amolábanlle o sono os obreiros.

Cirriolo. Pantalón. Exemplo: O daorde pariña cos cirriolos anocallados. Eu teño os pantalóns malos. Estragados. Rotos.

Ciscar. Area-lo gallo, largar a beta. Zurrar. Cagar.

Cocó. Mariñeiro. Exemplo: Os cocós pariñan as cegas. Os mariñeiros traen sardiññas..

Codia – Rella. Puta.

Corxada. Familia grande. Moita xente. Exemplo. Pariñei na fura. ¡pariñaba unha corxada…! Fun a taberna ¡Había unha de xente…!

Curmán. Irmán, amigo, primo.

Corexo. Vaso. Litro. Exemplo: Os daordes pariñaban na fura a choupar un corexo. Nos fomos a taberna –bar- a botar un vaso. A mougear un corexo. A beber un litro.

Crica. Netra. Xistra. Zafanisca. Cona .Vaxina,

Cricalleira. Tixola, Sartén, Exemplo: Xemarros con balocas tanxicados na cricalleira pariñan xidos. Ovos con patacas feitos na tixola son moi bos.

Cucar. Durmir. Exemplo: Pariño a cucar.Estou a durmir. Pariño no cucadeira. Estou a durmir.

(CH)

Chacai. Nai. Exemplo: Nurria a chachai que azoutou. Mala ea nai que te botou.

Chamborra. Chemine. Exemplo: Na ciba pariñan a tanxica-la murcideira, fumea a chamborra. Na casa están a facela comida , fumea a chemine.

Chamiceiro. Árbore. Chamizo. Pao.

Chamiza. Leña. Exemplo: Pariñei a sisar chamiza para tanxica-la murcideira. Fun rouba-la leña para facer de comer.

Chamborrear. Fumar. Exemplo: O buxa chamborrea xarutos. O amo fuma puros.

Chamuscar. Cocer, Queimar. Exemplo. Os cabaqueiros pariñan a chamusca-lo primeiro deboleira. Os telleiros están a coce-lo primeiro forno.

Chaspear. Pagar. Exemplo: Os ferretes non chapearon a ceifa, pariñaron sen lerxes. Os obreiros non lle pagaron a temporada, viñeron sen cartos.

Chasis. Díselle a unha persoa delgada fraca. Pariña no chasis.

Chabello. Oso. Peido. Exemplo: O cata coutou un chavello. O amigo botou un peido. Zurrou un oso. Cagou un peido.

Charabito. Corno. Exemplo: A giñeira pariña cuns charabitos xidos. A vaca ten uns cornos bonitos. Crandes. E se son pequenos, dicímoslle Giches.

Chión. Carro. Chiona. Carretilla, bicicleta. Exemplo: Chion de giñeiros . Carro de bois.Chión do belbo. Carro do cabalo.

Chión xido. Coche.

CHirona, Choubea. Cárcere. Exemplo. O cata alocarono na chirona, pescárono a sixar. A fulano metérono na cárcere porque o collérona roubar.

Chirigoto. Neno, feto. Exemplo: A nenza do curmán pariña cun chirigoto. A moza do amigo ten un neno.

Choco . Caldo. Exemplo: O cocho da galleira e xido. O caldo galego e bo.

Choube. Marcha vaite..

Choupar . Tirar, Botar fora. Exemplo: O gito estaba anocallado choupeillo o tisco. O pan estaba mal e boteillo o can

Choca. Campá. Exemplo: A choca da caicoa toca a calabrote. A campá de igrexa toca a morto.

Churumbela. Gaita. Exemplo: No batuque da fusca toca a churumbela. No baile da noite toca a gaita.

(D)

Dagancha. Sal. Exemplo: Carillas ¿a murcidaira como pariña?Xa pariña xida, voulle choupar o dagancha. Rapaz ¿que tal esta a comida? Está ben. Voulle botalo sal

Danoca. Malo. Feo. Exemplo: Pariño danoca vou para a piltra. Estou mal vou para a cama.

Daorde . Eu. Ti. El.

Dargas. Demo, diaño. Exemplo: O cata e máis pirrio co dargas. Ese e máis malo co demo.

Darxena , Leite. Pariña da giññeira. O leite e da vaca.

Dátiles. Dedos. Exemplo: Cos dátiles tocase a churubela. Cos dedos tocase a gaita.

Debertola . Vasoira.

Deberría . Ovella. Exemplo: A silga da deberria, pariña xida. O darxena da deberria e xido para tanxicar dentreasxambras. A carne da ovella e boa para comer, O leite da ovella e bo para facer queixo.

Deboleira. Forno. Exemplo: O deboleira, esnorza muita chamiza. O forno gasta moita leña.

(E)

Encicar. Enlordar. Manchar. Emporcallar.

Enchancas. Preñada. Exemplo: A cálloa do curmán pariña en chancas, A muller do meu irmán está preñada.

Errante. Pemento.

Esbocharse. Rirse, Risa. Exemplo. Aguza para a nenza como se esbocha. Mira para a moza como se ri.

Esnorzar, Matar, Estragar Romper.Esnozouse. Rompeuse. Matouse.

Escorar, Poder, ter forza. Aguantar.

Esnorzasidos. Medico. Matasáns.Esnorza xidos.

Estrandoira. Pistola, arma de fogo. Pariñaron os labixantes co estrandoira ná goucha e sixaron os lerxes. Viñeron os ladróns coa pistola na man e roubaron os cartos.

(F)

Facorexa. Faiñña. Navalla. Faiño. Coitelo.

Faxurda. Lascardía. Borracheira.

Ferrete. Criado. Obreiro.

Forneira. Guaciña. Boca

Follaca . Carta. Follaco. Xornal. Periódico. Pariñei con follaca do rulo. Tiven carta de meu pai.

Fura. Tasca. Taberna. Bar.

Fusca. Noite. Fusco. Escuro.

Fustango. Pao. Bastón.

(G)

Galdruxar. Lavar. Galdruxeira. Lavamdeira.

Gabirro. Calor. Exemplo. Ai que pariñar co bandalla que pariña gabirro. Ai que andar en camisa que fai calor.

Gaitear. Chorar.

Gandir, Murcir. Comer. O daorde murce pariña con garulla, Eu, Ti. El. come porque ten fame.

Gañarra. Augardente.

Galero. Sombreiro Chapeo.

Galrruar. Falar. Exemplo: Galrrualle o curmán que pariñe a murcir con daordes. Fálalle o amigo que veña a comer con nos

Garrida. Sombra. Exemplo: Que xido se pariña a garrida dos chamiceiros. Que ben se está a sombra dos árbores.

Garranchear. Escribir. Garracheille unha follaca a cálloa. Escribinlle unha carta a muller.

Garulla . Larica. Fame. Pariño con larica-Garulla- teño fame.

Geimola Pan de trigo. Gito de geimola.

Gicheria. Pouco, nada.

Giteira. Artesa. Exemplo: Na giteira, e onde se tanxica o gito. Na artesa e onde se fai o pan.

Guiche. Pequeno, Enano. Cuosa pequena e. Guiche.

Górello. Piollo. Exemplo. Pariña con górellos na mitra. Ten piollos na cabeza.

Gouchear. Apalpar.

Grabieles. Garbanzos, Chícharos.

Guaciña. Cara, Meixela.

(I)

Interbar. Entender. Exemplo. Jalrrua o verbo que o cat.a non interba. Falame en verbo que o paisano non entendo.

Interbadeiras. Orellas. Exemplo. Os xiricos pariñan cos intebadeiras xidas. Os burros teñen as orellas grandes.

(L)

Lacre, Mouga, Morapio. Viño. Exemplo: Se mougeas xido lacre enfaxurdaste. Se bebes moito viño emborráchaste.

Lavixar. Roubar.

Larica, Garulla. Fame

Lásqueo, Moureo. Traballo. Exemplo: O lásqueo quilla o sernizo.. Se non lásqueas non pariñan lerxes. O traballo amola o lombo. Se non traballas no hai cartos.

Lavixantes. Ladróns.

Lerxes. Diñeiro, cartos. Exemplo: Se pariñas sen lerxes non murces. Se non tes diñeiro pasas fame.

Lourenzo. Sol. Exemplo: Hoxe caldea lourenzo. Hoxe quenta o sol.

Louro. Cura, Sacerdote. Exemplo. O louro e o orgina da caicoa. O cura e o amo da igrexa.

Lorda. Merda Lixo.

Lirón. Rato.

Lurio. Pedra, Penedo ,Outeiro Exemplo. Zoutalle un lurio o tisco. Tíralle un lurio o can.

Lurán, Liras. Carallo.

(LL)

Llota, Cuouriza. Lloto. Chourizo

(M)

Marmota. Criada, Obreira. Exemplo: O sorches pariñan cos marmotas. Os soldados andan cos marmotas-

Maraballas. Verzas, verdura.

Mazarico. Quimbas. Potugues.

Mazapo. Seme.

Melco. Gabirro. Calor.

Mitra. Cabeza.

Morapio, Mouga, Lacre. Viño

Mouquela. Xordo.

Moreno, Pota. Ola. Exemplo: No moreno tanxicase o choco No pote faise o caldo.

Mougear. Beber.

Millán, Ferran . herba. Pariña na millán para a guiñeira. Vai na herba para a vaca.

Mirlas. Cereixas. Tamén se lle di a outra crase de froita.

Murcir. Gandir. Comer

(N)

Nadante. Aceite,

Nares. Nariz. Alocalle o nares no gollete. Mételle os narices no cu.

Nenzo. Mozo. Noivo. Nenza. Moza. Noiva.

Netra, Crica, Zafanisca, Xistra. Vaxina .Cona.

Nexo. Non, Nada.

Ninar, Cucar Caldear, Durmir.

(Ñ)

Ñaña. Merda, Lixo.

Ñurrio. Pirrio. Malo, Feo.

Ñurria. Pirria. Mala, Fea.

(O)

Orgina, Buxa, Amo, Dono, Patrón. Xefe.

(P)

Paleadeira. Culler, Para murci-lo choco pariño co paleadeira. Para come-lo caldo uso a cuchara.

Pariñar. Estar. Ter. Volver.

Plantillar. Chouver. Alixir. Marchar. Ir .Fuxir.

Pasagitos. Gorxa, garganta. Pasapan.

Pirrio. Malo feo.

Piltra, Cama.

Polahorta. Enganar. Ser enganado. Exemplo: O curmán alocoume pola horata. Meu irmán enganoume. Xa aloquei o cata pola horta.Xa enganei o paisano.

(Q)

Quillar. Amolar, Foder, Roubar.

Quillarse. Amolarse, foderse .

Quimbas, Mazarico. Portugués.

(R)

Rabona. Aixada.

Rabonear. Cavar, Lasquear con a Rabona.Traballar con aixada. Cavar.

Rabete. Coello. A silga do rebete, e moi xida. A carne do coello e moi boa.

Rañoto. Bacallao. Exemplo: O rañoto pariña xido para murcir. Pero ai que pariñar con xidos lesxes. O bacallao e moi bo para comer. pero vale moitos cartos.

Rachizo. Chavello. Oso. Peido.

Rebouza, Barranco. Unha cousa que non serve, que esta estragada. Choupase na rebouza. Botase no barranco.

Remos. Brazos.

Rella. Codia. Puta.

Rulo. Vello. Rula. Vella. Os rulos pariñan anocallados. Lasquearon xido. Os vellos están mal. traballaron moito.

(S)

Saltarico. Corazón. Exemplo: O rulo toupou. Esnorzouselle o saltarico. O vello morreu. rompéuselle o corazón.

Sacholos. Dentes. Moas.

Sernizo . Espiñazo -lombo-

Sifo. Sifa. Fillo. Filla.

Silga. Carne.

Sisar, Lavixar, Quillar. Roubar.Foder. O lavixante quilloume os lerxes. O ladrón amoloume os cartos.. Fodeume o diñeiro-

Sorche. Soldado.

(T)

Tareco. Coito. Polbo.

Tanxicar. Facer. Fabricar. Construír.

Taroucas. Zamancas. Zocas. Taroucos. Zapatos.

Timba. Xogo. O orgina parina na timba O Xefe esta a xogar. Está a botala partida.

Timbear. Xogar,

Tisco. Can. Tisca das cacaruxas. Raposa. A tisaca das cacaruxas esnorzoulle as cacaruxas na ciba que pariña. A Raposa matoulle as galiñas nesa casa.

Tigán. Cata. Paisano. Tamén se lle di. Batín.

Toupo. Ladrillo.

Toupar. Morrer.

Truscar. Casar. Contraer matrimonio.

(U)

Uz . Villiz. Caspe. Burreiro. Gollete. Cu.

(V)

Vilache. Villorro. Vila. Pobo.

Villiz . Caspe. Burreiro. Cu-

Vocanergra. Tren. Cando alixiamos para a cabaqueira pariñabamos no bocanegra. Cando marchabamos para a cabaqueira, iamos no tren.

Voucear. Berrar, Gritar, Rifar.

(X)

Xaranta. Guaciña. Cara, meixela.

Xaruto. Cigarro. Puro. Pitillo.

Xambras. Saias. faldras.

Xirico. Xirica. Burro. Burra.

Xemarros . Ovos. Os xemarros pariñan das cacaruxas. Os ovos son das galiñas.

Xido. Bo. Bonito. Moito. Ben.

Xistra. Zafanisca, Netra. Vaxina . Cona.

Xulica . Cala . non fales. Non fagas ruído.Que te interban. Que te escoitan.Que te entenden

Xunca. Barro. Lama. lodo fango.

Xouza. Merda . Lixo.

Xecla , Egoa. Mula. Besta.

(Z)

Zaburro. Millo. Gito de zaburro. Pan de millo.

Zalopo. Zabicardo. Frío

Zancas. Pernas.

Zanca de cico. Perna de porco. Xamón.

Zanquear, Andar, correr.

Zamarra. Perder. Exemplo: O orgina esta ceifa pariñou conha zamarra. O amo esta temporada perdeu cartos.

Zambrear . Bailar.

Zarabetos. Freixós. Fabas.

Zaspe gollete. Burreiro. Cu

Zoutar. Dar. Tirar fora.Votar fora.

Zurica. Peseta.

Zurico. Duro. Cinco pesetas. -Xa non as ai-.

Zurrar. Arría-lo gallo Larga-la beta. Cagar.

Zurradoiro. Water. Cagadoiro. Exemplo: O cabaqueiro arriaba o gallo na rebouza. O telleiro cagaba no barranco.

Zurriolo. Pantalón.

Un pouco abreviado. Isto eran pouco mais ou menos o que naqueles tempo falabamos nas telleiras. Non e que entre nos o falaramos a cotío. -Hai quen así o pensa-. E nada máis lonxe da realidade. Só se falaba cando había paisanos polo medio. Algún “historiador” dos de hoxe pensan que ata lle escribiamos a casa en verbo.

José de la Santísima Trinidad é un ex-cabaqueiro. Dende os 15 anos ata que empezou a mili traballou en distintas telleiras. É autor do libro “Moito se podía falar… (As telleiras)” que nin se vende nin nada. O fixo para el e para as súas amizades. Hoxe en día, a idade de 85 anos, é un experto no manexo do ordenador (auque as veces xógalle malas pasadas) onde fai os seus escritos.

10 comentarios para “Vocabulario Cabaqueiro.”

  1. As telleiras (cabaqueiras). Por José de la Santísima Trinidad « Portadas Dice:

    [...] Outra vez habían mezclado cabaqueiro con galego, có que a moza enterouse de todo. O correcto sería: Cabaqueiro que pariñas co nenza no sutrás da caicoa, atouba co que quillas que se aguza o liras. (Diccionario) [...]

  2. Arturo Portela Alvarez Dice:

    Hola José, saludos de entrada para ti y los Tuyos, fantástico é impagable el trabajo realizado para hoy y para la historia de los “Cabaqueiros”, gracias y mas gracias.
    Soy tambien un “excabaqueiro”,mi padre Constante Portela Riego tenia dos Tejeras en Verin-Orense (Os Minguillos), y por allí pasaron muchos Rosaleiros y Salcidenses.
    Repito saludos y Salud sin fin.
    Arturo Portela Alvarez (Minguillo)

  3. Arturo Portela Alvarez Dice:

    Noticias do “Heraldo Guardes dos 1.93O”
    “Follacas da Jalleira”
    Fai dous mancons o Orgina azoutoume uns zurriolos e o cabo de dous xanos xa andaba co zaspe o zalopo.
    (Hay dous meses o amo deume uns pantalons e cobo de dous dias xa andaba co cu o frio.)
    Arturo Portela Alvarez (Minguillo)

  4. Aruro Portela Alavarez Dice:

    “El Alfarero-ò Cabaqueiro”
    Oficio noble y bizarro
    Ente todos el primero
    Pues en la industria del barro
    Dios fué el primer Alfarero
    Y el Hombre el primer Cacharro.
    Arturo Portela (Minguillo)

  5. porta Dice:

    A palabra “mancons” non existe no verbo cabaqueiro. Tampouco existe a palabra “Xano”.

    No verbo cabaqueiro a palabra “andar” dise “zanquear”.

    A carta que se publicou no Heraldo Guardés no ano 1930 e froito dun diccionario que escribiu Don Domingo Álvarez. O diccionario está moi ben pero el mesturou o verbo do cabaqueiro co dos canteiros e o vallarete dos paragueros (afiadores).

    José de la Santísima Trinidad

  6. Arturo Portela Alvarez Dice:

    Hola José, de nuevo os deseo lo mejor a tú familia y a ti.
    Conforme con la respuesta que das en fecha 13/3/2009, a mi comentario del Heraldo Guardes, lo que si me gustaría saber y te agrdecería la respuesta es como se pronunciaban ó llamaban en “Vervo-Cabaqueiro” los dias,meses,..ect.
    Adelantandote las gracias, aprovecho y me repito para saludaros y desearos lo mejor.

    Arturo Portela (Minguillo)

  7. Arturo Portela Alvarez Dice:

    Hola José, de nuevo saludos y lo mejor para la Familia y para Ti.
    Conforme con la respuesta sobre el comentario del Heraldo Guardes, lo que si te agradecería si lo sabes es como se nombraban en “Vervo-Cabaqueiro), los dias, semanas, meses,…ect.
    Anticipandote gracias repito de nuevo Saludos y Salud.

    Arturo Portela (Minguillo)

  8. porta Dice:

    Quisiera agradecer de parte de mi abuelo todos los comentarios. El proceso de respuesta es un poco lento debido a que él no dispone de Internet en casa y hay que imprimirlos, mandárselos, recoger la respuesta y escribirla aquí. Pero os aseguro que le hago llegar todos. Muchas gracias.

  9. porta Dice:

    No noso tempo e nos anos que traballei na telleira con moitos cabaqueiros, ningué díxome nin escoitei cómo se chamaban nin o día, nin o mes nin o ano.

    Segundo o libro que fixo ese señor de O Rosal, Don Domingo Álvarez, dí: o día, xano; o mes, mancón; e o ano mancon grandemes. Nin eu nin os demais cabaqueiros non entendemos eso. Podría ser que fora propio dos canteiros ou dos afiadores.

    Nós, á noite chamábamoslle a fusca, e para defini o dia dicíamos: De fusca pariña zalopo. Cando alixe a fusca pariña o melco (De noite fai frio, de día quenta o sol).

    Isto é todo o que podo dicirte de estas palabras.

    Saúdos. José.

  10. Arturo Portela Dice:

    Hola Josél, Agradecido por todas las respuestas recibidas y de acuerdo contigo en que los dias, semanas, meses, etc… no me acuerdo de haberlas escuchado en mis 19 años de “Cabaqueiro”.
    Siempre serás recordado por él trabajo realizado é cual se estaba perdiendo.
    Te saluda y saluda a tu familia.
    Arturo Portela (Minguillo).

Escribe un comentario